sábado, 3 de diciembre de 2011

Dia mundial da loita contra o SIDA.


Como cada 1 de decembro, o mundo enteiro únese co único obxetivo de reflexionar e xerar maiores esforzos para crear unha maior conciencia do que é o VIH/SIDA. O Día Mundial do SIDA, brinda a todos aqueles quenes participan de calqueira forma nesta data, a posibilidade de facer oír a súa voz, de falarlle a moita xente, amigos, homes e mulleres por igual acerca do estado actual da enfermedade no mundo, os avances en materia de prevención, tratamento e atención de afectados.

O Virus da Inmunodeficiencia Humana, VIH, ataca precisamente o sistema inmunitario e debilita os sistemas de vixilancia e defensa da persoa, contra as infeccións e algúns tipos de cancro. A medida que o virus destrúe as células inmunitarias e impide o normal funcionamento da inmunidade, a persoa afectada vai caendo gradualmente na inmunodeficiencia, estado que provoca unha maior sensibilidade a diversas infeccións e enfermedades que as persoas con un sistema inmunitario saudable poden combatir.

A fase máis avanzada da infección por VIH é o síndrome de inmunodeficiencia adquirida, o SIDA, que pode tardar de 10 a 15 anos en manifestarse.

Esta etapa defínese pola aparición de certos cancros, infeccións ou outras manifestación clínicas de gravedade.

Según cifras da Organización Mundial da Saúde, OMS, en 2010 había aproximadamente 34 millóns de persoas que vivían co VIH, donde tan só os países con ingresos baixos ou medios, había uns 6,6 millóns de persoas infectadas que recibían terapia antirretrovírica, pero máis de 7 millóns estaban á espera de tratamento. Os fármacos antirretrovíricos aplicados nun tratamento eficaz, poden manter controlado o virus no paciente, e permite levar unha vida sá e productiva.

Nos últimos tres decenios, o VIH cobrouse máis de 25 millóns de vidas, transformándose nuns dos axentes infecciosos máis mortíferos do mundo.

O VIH pode transmitirse por relacións sexuais vaxinales, anales ou orales con unha persoa infectada, a transfusión de sangue contaminada ou o uso de agullas ou outros instrumentos punzantes. Asimesmo, pode transmitirse da nai ao fillo durante o embarazo, o parto e a lactancia.