jueves, 14 de junio de 2012

Día Mundial do Doante de Sangue


A OMS elexiu o 14 de xuño como o día dedicado a recoñecer aos millóns de persoas que, ao doar sangue, salvan vidas e melloran a saúde do próximo. Este Día Mundial recalca a importancia de doar sangue periódicamente para previr a escaseza en hospitais e clínicas, sobre todo nos países desenrolados, donde as reservas son escasas. Dos 80 países do mundo con un baixo índice de doacións de sangue(menos de 10 doacións por cada 1 000 persoas), 79 son nacións en desenvolvemento.
Neste evento anual, que ten por principal obxetivo motivar a máis persoas a que se fagan doantes, está dedicado a demostrar que os sistemas e as políticas de saúde son eficaces para facer que as transfusións sanguíneas resulten seguras e accesibles a xente de todo o mundo.

miércoles, 6 de junio de 2012

Paso de Venus frente ao Sol

 Durante un período de seis horas entre o 5 e o 6 de xuño, o satélite da NASA do Observatorio de Dinámica Solar (SDO) recolleu imaxes en moitas lonxitudes da onda de un dos máis extraños eventos predecibles solares: o tránsito de venus pola cara do Sol.
   
Estos tránsitos suceden en pares separados por oito anos que se reproducen en períodos que oscilan entre os 105 e os 121 anos. O último tránsito foi no 2004 e o seguinte non terá lugar ata o 2117.
   
De particular interés científico, foi o primeiro contacto, cando Venus apareceu por primeira vez para tocar a extremidade do disco solar, dando como resultado unha caída pequena no resplandor solar. 
  
 Outro fenómeno que se observa durante o tránsito, inclúe o efecto da "caída de negro", a forma de pequena vágoa negra que aparece ao alcanzar Venus, ao borde do sol xusto despois de que entrara de cheo no disco solar e outra vez máis tarde, cando comeza a saír do disco.
   
Os astrónomos tamén chegaron a capturar a aureola, un arco de luz que se ve arredor do disco do planeta durante os primeiros minutos e o último tránsito. Observouse por primeira vez, durante o tránsito de 1761, e revelou que Venus tiña atmósfera.