jueves, 14 de junio de 2012

Día Mundial do Doante de Sangue


A OMS elexiu o 14 de xuño como o día dedicado a recoñecer aos millóns de persoas que, ao doar sangue, salvan vidas e melloran a saúde do próximo. Este Día Mundial recalca a importancia de doar sangue periódicamente para previr a escaseza en hospitais e clínicas, sobre todo nos países desenrolados, donde as reservas son escasas. Dos 80 países do mundo con un baixo índice de doacións de sangue(menos de 10 doacións por cada 1 000 persoas), 79 son nacións en desenvolvemento.
Neste evento anual, que ten por principal obxetivo motivar a máis persoas a que se fagan doantes, está dedicado a demostrar que os sistemas e as políticas de saúde son eficaces para facer que as transfusións sanguíneas resulten seguras e accesibles a xente de todo o mundo.

miércoles, 6 de junio de 2012

Paso de Venus frente ao Sol

 Durante un período de seis horas entre o 5 e o 6 de xuño, o satélite da NASA do Observatorio de Dinámica Solar (SDO) recolleu imaxes en moitas lonxitudes da onda de un dos máis extraños eventos predecibles solares: o tránsito de venus pola cara do Sol.
   
Estos tránsitos suceden en pares separados por oito anos que se reproducen en períodos que oscilan entre os 105 e os 121 anos. O último tránsito foi no 2004 e o seguinte non terá lugar ata o 2117.
   
De particular interés científico, foi o primeiro contacto, cando Venus apareceu por primeira vez para tocar a extremidade do disco solar, dando como resultado unha caída pequena no resplandor solar. 
  
 Outro fenómeno que se observa durante o tránsito, inclúe o efecto da "caída de negro", a forma de pequena vágoa negra que aparece ao alcanzar Venus, ao borde do sol xusto despois de que entrara de cheo no disco solar e outra vez máis tarde, cando comeza a saír do disco.
   
Os astrónomos tamén chegaron a capturar a aureola, un arco de luz que se ve arredor do disco do planeta durante os primeiros minutos e o último tránsito. Observouse por primeira vez, durante o tránsito de 1761, e revelou que Venus tiña atmósfera.

martes, 27 de marzo de 2012

Día Mundial da Auga.

En 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que o 22 de marzo de cada ano se celebraría o Día Mundial da Auga. O Día Mundial da Auga é unha ocasión única para recordar que mentres nós menosprezamos un ben tan fundamental para a nosa vida, moitas persoas no mundo non teñen acceso a cantidade de auga potable necesaria para a súa supervivencia.


Nun mundo que está cuberto nas súas dúas terceiras partes por auga, pode parecer un contrasentido dicir que é difícil o acceso a auga potable é a causa de enfermidades e pobreza de 1.500 millóns de persoas. Porén esta é a realidade. A auga apta para uso humano é unha parte moi pequena do total e a súa escasez non se debe tan só ás condicións naturais determinadas de cada rexión, senon que ten moito que ver co aumento de poboación, o mal uso e a contaminación.

A situación é preocupante e moitos expertos consideran a cuestión da auga como o desafío máis importante que debe afrontar a humanidade do século XXI.




miércoles, 21 de marzo de 2012

Día Mundial do Síndrome de Down

O síndrome descubriuse en 1959 como un desorden de cromosomas e é un tema permanente na actualidade, xa que afecta no día a día de forma moi variada a un amplo rango de persoas en todo o mundo. Calcúlase que un de cada 733 bebés, nacen con este síndrome. Tan só en Estados Unidos hai mais de 400.000 persoas con este síndrome.

A data foi escollida pola Down Syndrome International, xa que é o número significativo da triplicación do vixésimo primeiro cromosoma (mes3, día 21). A idea orixinal foi proposta por Stylianos E. Antonarakis, médico xenetista en Suiza e adoptado por ART21, o seu grupo de pacientes.

O síndrome de Down é unha combinación cromosómica natural que sempre forma parte da condición humana, e existe en todas as rexións do mundo e actualmente ten efectos variables nos estilos de aprendizaxe, as características físicas ou a saúde.

O acceso adecuado á atención da saúde, aos programas de intervención rápida e á enseñanza inclusiva, así como a investigación axeitada, son esenciales para o crecemento e o desenvolvemento da persoa.

En decembro de 2011, a Asemblea Xeral designou o 21 de marzo Día Mundial do Síndrome de Down para unificar a loita contra esta enfermidade.


lunes, 27 de febrero de 2012

REDESCUBRINDO A ANTÁRTIDA

Cando se cumpren 100 anos da conquista do Polo Sur por Amundsen e Scott, achegámonos a este continente que, para moitos, todavía está por descubrir.
A partir do  Tratado Antártico, en 1961,  se declara  “Reserva Mundial dedicada a Ciencia e a Paz”. A humanidade ten unha nova oportunidade para facer as cousas mellor.


domingo, 5 de febrero de 2012

Día Mundial Contra o Cancro.

Como cada 4 de febreiro, celébrase o Día Mundial Contra o Cancro. Por iso, a Organización Mundial da Saúde (OMS), colabora coa Unión Internacional do Cancro, para axudar na investigación sobre esta enfermidade e concienciar á todo o mundo de que cambien os seus hábitos de vida por outros máis saludables.

Con motivo desta data, o pasado 2 de febreiro a Asociación Española contra o Cancro (AECC), organizou unha xornada divulgativa que recibiu o nome de "Foro contra el cáncer. Por un enfoque integral.Prevención y tratamiento multidisciplinar". A esta xornada acudiu a Princesa de Asturias, Leticia Ortiz, xa que é a Presidenta de Honor da AECC e a súa fundación científica.

Nesta xornada pretendíase tratar o Cancro de unha forma directa e sen medo, animando a todas as persoas que o sofren, a seguir loitando, e apoiar aos familiares de quenes o padecen.

En moitas cidades españolas, durante esta fin de semana, realizaranse varias actividades de apoio para as persoas que sofren cancro, e o diñeiro que se recaude irá destinado a AECC. Coa conmemoración deste día, preténdese tamén animar a xente de todo o mundo a cambiar o seu modo de vida por outros máis saludables.






domingo, 29 de enero de 2012

Día escolar da non-violencia e paz.

O Día Escolar da Non-violencia e Paz (DENIP) foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gubernamental, independente, e voluntaria da Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxetivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordancia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convirtense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
O mensaxe básico deste día é: "Amor universal, non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra".
O DENIP foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia, mediante a Orde Ministerial do 29 de novembro de 1976.
O día 30 de Xaneiro conmemorase ademáis a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, asesinado a tiros por un fanático hinduista o 30 de Xaneiro de 1948.