martes, 27 de marzo de 2012

Día Mundial da Auga.

En 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que o 22 de marzo de cada ano se celebraría o Día Mundial da Auga. O Día Mundial da Auga é unha ocasión única para recordar que mentres nós menosprezamos un ben tan fundamental para a nosa vida, moitas persoas no mundo non teñen acceso a cantidade de auga potable necesaria para a súa supervivencia.


Nun mundo que está cuberto nas súas dúas terceiras partes por auga, pode parecer un contrasentido dicir que é difícil o acceso a auga potable é a causa de enfermidades e pobreza de 1.500 millóns de persoas. Porén esta é a realidade. A auga apta para uso humano é unha parte moi pequena do total e a súa escasez non se debe tan só ás condicións naturais determinadas de cada rexión, senon que ten moito que ver co aumento de poboación, o mal uso e a contaminación.

A situación é preocupante e moitos expertos consideran a cuestión da auga como o desafío máis importante que debe afrontar a humanidade do século XXI.




miércoles, 21 de marzo de 2012

Día Mundial do Síndrome de Down

O síndrome descubriuse en 1959 como un desorden de cromosomas e é un tema permanente na actualidade, xa que afecta no día a día de forma moi variada a un amplo rango de persoas en todo o mundo. Calcúlase que un de cada 733 bebés, nacen con este síndrome. Tan só en Estados Unidos hai mais de 400.000 persoas con este síndrome.

A data foi escollida pola Down Syndrome International, xa que é o número significativo da triplicación do vixésimo primeiro cromosoma (mes3, día 21). A idea orixinal foi proposta por Stylianos E. Antonarakis, médico xenetista en Suiza e adoptado por ART21, o seu grupo de pacientes.

O síndrome de Down é unha combinación cromosómica natural que sempre forma parte da condición humana, e existe en todas as rexións do mundo e actualmente ten efectos variables nos estilos de aprendizaxe, as características físicas ou a saúde.

O acceso adecuado á atención da saúde, aos programas de intervención rápida e á enseñanza inclusiva, así como a investigación axeitada, son esenciales para o crecemento e o desenvolvemento da persoa.

En decembro de 2011, a Asemblea Xeral designou o 21 de marzo Día Mundial do Síndrome de Down para unificar a loita contra esta enfermidade.