domingo, 29 de enero de 2012

Día escolar da non-violencia e paz.

O Día Escolar da Non-violencia e Paz (DENIP) foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gubernamental, independente, e voluntaria da Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxetivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordancia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convirtense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
O mensaxe básico deste día é: "Amor universal, non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra".
O DENIP foi recoñecido polo Ministerio de Educación e Ciencia, mediante a Orde Ministerial do 29 de novembro de 1976.
O día 30 de Xaneiro conmemorase ademáis a morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, asesinado a tiros por un fanático hinduista o 30 de Xaneiro de 1948.