lunes, 31 de octubre de 2011

Dia da Ciencia en Galego "o dereito a gozar da ciencia en galego"

Este ano celébrase o Ano Internacional da Química. Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie en 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Courie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química), e posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona,... sendo que fai os seus descubrimentos estando fóra da Universidade, antes de que sexa nomeada profesora, e tendo dúas fillas (unha deles premio Nobel, tamén),...

Razóns de sobra para homenaxeala neste día Galego da Ciencia Así neste día homenaxéase a Marie Curie e á matemática galega Mª Wonenburger, facendo tamén unha homenaxe ás primeiras mulleres que dan clase, fan ciencia, e cambian para sempre a maneira de ver o papel da muller na ciencia.



Agora imos a falar un pouco máis destas dúas xoias da ciencia:

Marie Curie:

Unha investigadora magnífica, científica francesa de orixen polaco. Foi a primeira muller en recibir un premio Nobel.

Nacida en Polonia, en 1891 trasladouse a Paris e incorporouse á Universidade de La Sorbona. Conoceu a Pierre Curie e casáronse en 1895. Interesada nos recentes descubrimentos dos novos tipos da radiación, comenzou a estudar as radiacións do uranio e, utilizando as técnicas piezoeléctricas inventadas polo seu marido, mediu as radiacións na pechblenda, un mineral que contén uranio. Cando viu que as radiacións do mineral eran máis intensas que as do propio uranio, deuse conta de que tiña que haber elementos descoñecidos, incluso máis radiactivos que o uranio. Foi a primera en utilizar o término "radiactivo". En 1898 o matrimonio anunciou o descubrimento de dous novos elementos: o polonio e o radio.

Á morte do su marido (1906) remplazouse nas clases na Universidad de París. En 1911 recibiu o premio Nobel de Química. Foi nomeada directora do Instituto de Radio de París en 1914 e fundou o Instituto Curie. Sufriu unha anemia percinosa causada polas largas exposicións a radiación.

María Wonenburger:

A matemática galega María Josefa Wonenburger Planells naceu en Montrove (Oleiros, A Coruña) o 19 de xullo de 1927. A súa infancia e adolescencia transcurren en torno a cidade herculina, donde realizará os seus primeiros estudos.

Cando tiña dez anos, iniciou os seus estudos de secundaria no conocido Instituto coruñés Eusebio da Guarda. Desde esta prematura idade, María Wonemburger empezou a destacar polos seus xeniais resultados académicos, así como polas súas aficións polo deporte e os idiomas.
 
En 1945 transládase a Madrid para cursar os estudos universitarios, aloxándose na residencia de Señoritas. En 1950, e tras unha brilante carreira conseguiu o título de Licenciada en Matemáticas pola Universidade Central de Madrid.

María Wonenburger pertenence á primeira promoción de Licenciados en Matemáticas cunha carreira de 5 anos. Hasta eses momentos os estudos tiñan unha duración de catro anos e a denominación era de Ciencias Exactas.

Entre 1950 e 1953 sigue vivindo nunha residencia de estudantes de sempre, mentres cursa os estudos de doutoramento tutelada por G. Ancochea e T. Rodríguez Bachiller, ambos xuntos con Julio Palacios e Ricardo San Juan, alumno de Julio Rey Pastor, que foran os seus profesores nos anos anteriores.

Na primeira imaxe aparece Marie Curie e na segunda aparece a galega María Wonenburger.


































No hay comentarios:

Publicar un comentario