martes, 27 de marzo de 2012

Día Mundial da Auga.

En 1992 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que o 22 de marzo de cada ano se celebraría o Día Mundial da Auga. O Día Mundial da Auga é unha ocasión única para recordar que mentres nós menosprezamos un ben tan fundamental para a nosa vida, moitas persoas no mundo non teñen acceso a cantidade de auga potable necesaria para a súa supervivencia.


Nun mundo que está cuberto nas súas dúas terceiras partes por auga, pode parecer un contrasentido dicir que é difícil o acceso a auga potable é a causa de enfermidades e pobreza de 1.500 millóns de persoas. Porén esta é a realidade. A auga apta para uso humano é unha parte moi pequena do total e a súa escasez non se debe tan só ás condicións naturais determinadas de cada rexión, senon que ten moito que ver co aumento de poboación, o mal uso e a contaminación.

A situación é preocupante e moitos expertos consideran a cuestión da auga como o desafío máis importante que debe afrontar a humanidade do século XXI.




No hay comentarios:

Publicar un comentario